Vostede está aquí
Soños
SOÑOS NO TRABALLO…
Para que queremos traballar? Para gañar máis cartos.
Algúns queren compaxinar o seu traballo en Amipa e nalgunha outra empresa.
Outras persoas soamente queremos traballar en Amipa.
Hai moitos oficios… cada un ten que atopar o que saiba facer, ou o que poida aprender e sobre todo… o que lle guste!
Uns soñamos con ser xardiñeiros, outras quereriamos ser perruqueiras, outras persoas ter o oficio do pai, algúns traballar nunha fábrica…
SOÑOS PERSOAIS…
- Estar coa parella.
- Ir en barco.
- Estar xuntos, cos amigos e amigas.
- Ter máis compañeiros e amigos.
- Coñecer sitios bonitos.
- Contar co apoio da familia.
- Ir de paseo, tomar café, ir de tendas…
- Estar na praia.
- Non facer nada.
SOÑAMOS CON QUEN VIVIR…
- Uns soñamos con vivir noutra vila.
- Eu quero ter una casa pintada por fóra.
- Gustaríame vivir lonxe, soa, coa miña irmá.
- Algunhas persoas queremos vivir coa nosa parella.
- Queremos formar unha familia.
- O mellor é que haxa AMOR na casa.
SOÑOS PARA AMIPA…
- Viaxar.
- Que siga habendo traballo e cartos.
- Poder vender os produtos da horta nunha tenda ou nun mercado.
- Que se cumpran os soños de cada amipeira e de cada amipeiro.
- Ter unha vivenda tutelada.
Tamén soñamos con coñecer persoas famosas.
O mundo melloraría se rematase o paro e todos puideramos ter un bo emprego!.
- 1 de 3
- seguinte ›